Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador INC-LU-0029/2015-LSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 10 de maio de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC-LU-0029/2015-LSA.

Interesado: Jesús Carballo Rodríguez.

Acto notificado: resolución.