Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais (expediente 6/2016).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 89, do 11 de maio de 2016, transcríbese a seguir co fin de proceder á súa rectificación:

Na páxina 18150, no sumario, onde di: «Resolución do 21 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais (expediente 6/2016)», debe dicir: «Resolución do 21 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais (expediente 6/2016). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, nun 75 %».

Na páxina 18151, no punto 5. Onde di: «Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.3.1) nun 75 %», debe dicir: «Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.1.3: medidas de comercialización), nun 75 %».