Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se lle notifica ao titular dos dereitos mineiros o acordo de apertura do trámite de audiencia do procedemento de execución forzosa subsidiaria das actuacións necesarias para o peche dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara número 5006 e Santa Bárbara II número 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula, notifícaselle á empresa Explotación Minera Internacional España (Exminesa), con CIF A28160224, o acordo da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 14 de abril de 2016, de apertura do trámite de audiencia do procedemento de execución forzosa subsidiaria por parte da Administración das actuacións necesarias para o peche dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara núm. 5006 e Santa Bárbara II núm. 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, provincia de Lugo, que na actualidade se atopa en situación de abandono, para que no prazo de 15 días formule as alegacións ou presente os documentos e xustificacións que consideren oportunos.

Comunícaselle que o acordo íntegro así como as medidas que adoptará esta Administración na execución forzosa subsidiaria para o peche dos dereitos mineiros, están á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º, 4º andar, en Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas