Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2015/296-4 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente IN635A 2015/296-4 e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na avda. Fernández Ladreda, núm. 43, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Pontevedra, 11 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635A 2015/296-4.

Reclamante: Rubén Herruzo Silva, en representación de Taberna do Celta.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación: IN635A 2015/315-4.

Reclamante: Emilio Gunche López-Dóriga, en representación de Casa Enxebre, S.L.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación: IN635A 2016/70-4.

Reclamante: Jorge Óscar Pusineri.

Acto notificado: resolución.