Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19563

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas

EDICTO (301/2013).

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 301/2013, seguido por instancia de Julio Lorenzo Domínguez, contra Carmen Lucía Humia de Souza, nos cales recaeu sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Ponteareas, 23 de xaneiro de 2014

Vistos por min Paula Ventosa Bermúdez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas, os presentes autos civís de xuízo verbal de divorcio contencioso 301/2013 iniciado por instancia de Julio Lorenzo Domínguez fronte a Carmen Lucía Humia de Souza».

«Parte dispositiva

Que estimando a demanda interposta polo procurador Germán Fernández Sampedro, en nome e representación de Julio Lorenzo Domínguez, fronte a Carmen Lucía Humia de Souza, debo declarar e declaro disolto, por causa de divorcio, o matrimonio formado polos expresados cónxuxes celebrado en forma civil o 27 de novembro de 1992 en Vigo, con revogación dos poderes existentes entre ambos.

Sen expreso pronunciamento en custas.

Líbrese oficio ao Rexistro Civil de Vigo para os efectos de que practique a inscrición correspondente.

Notifíqueselles a sentenza ás partes, e indíqueselles que contra ela poden interpoñer recurso de apelación perante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da súa notificación, recurso do que coñecerá a Audiencia Provincial.

Así o acordo, mando e asino, Paula Ventosa Bermúdez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas».

Faise constar que á parte se lle concedeu o beneficio de xustiza gratuíta no expediente número 201209982.

Ponteareas, 12 de febreiro de 2016

O/a secretario/a xudicial