Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19561

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (2551/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Seguna da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4898/2010 desta sección, seguido por instancia de Complejo Josmifran, S.L. contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Luz Adriana Muñoz Ocampo, María del Carmen Arroyo Rodríguez, Rosely Miranda Mendes, Mónica Yadira Obando Madrid, Patricia Guimaraes Costa, Lyudmila Hluschenko, Daniela Gaita, Gyongy Toth, Odion Idahagbon, Paula Ghinies, Cledis Martíns Machado, Francisca de Asís Gomes de Oliveira, Petronela Anila Nechiflor, María Cecilia Nacer, Irene Corcoles Castilla, Tamara Ivanesa Ferrarik de Paula e Olga López Otero, sobre impugnación de actos da Administración, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto por Josmifran, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 12 de febreiro de 2015, e con revogación da súa resolución, deixamos sen efecto a sanción imposta ao complexo Josmifran, S.L. e declaramos a inexistencia de relación laboral entre María Cecilia Nacer e Irene Corcoles Castilla e a empresa Josmifran, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estivese exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Cecilia Nacer, Carmen Arroyo Rodríguez, Rosely Miranda Mendes, Lyudmyla Hlush Chenko, Daniela Gaita, Paula Ghinies, Francisca de Asís Gomes de Oliveira, Gyonghy Toth e Cledis Martín Machado, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de marzo de 2016

A secretaria xudicial