Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Campo Pequeno, situado no concello da Baña e promovido pola sociedade Eólica Galenova, S.L. (expediente IN661A 2011/11).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Eólica Galenova, S.L. (en diante, o promotor) en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Campo Pequeno (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico cunha potencia de 27 MW.

Segundo. O 22.6.2011 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. O 26.10.2011 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (en diante, a xefatura territorial) informou e o parque eólico non afectaba ningún dereito mineiro.

Cuarto. O 22.3.2012 o promotor presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Quinto. Por Resolución do 6 de xuño de 2012, da xefatura territorial, someteuse a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 20.7.2012, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 5.7.2012 e no xornal El Correo Gallego do 20.7.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios da xefatura territorial e do concello afectado (A Baña). Publicouse, con data 21.8.2012, unha corrección de erros da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 27.8.2012 e no xornal El Correo Gallego do 22.9.2012.

Durante o período de información pública presentáronse as alegacións indicadas no punto 1 do anexo desta resolución, sobre as cales a xefatura territorial informou o 24.4.2013.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas:

– Solicitudes de denegación e oposición á declaración de utilidade pública formulada pola sociedade Eólica Galenova, S.L.; pola falta de informar ou de negociación para chegar a un acordo cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos.

– Solicitude de modificación do trazado da servidume afectada, así como a modificación da superficie afectada polo procedemento de declaración de utilidade pública.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados maioritariamente, en relación coa titularidade das parcelas, cos apelidos dos titulares, coas superficies afectadas, cos enderezos aos efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– Unión Fenosa Distribución, S.A. non acepta ningún tipo de servidume sobre o predio da súa propiedade recollido na relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

– A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que, ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade, non se autorice a afección de aeroxeradores e vías de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, especies incluídas no anexo II da citada lei, nin sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000; que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva Aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona; que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007; que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

– A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza alega que o parque eólico Campo Pequeno afecta a zona húmida Brañas de Ferreiros incluído no Inventario dos humidais de Galicia (Decreto 127/2008). Por iso, solicita que se rexeite a autorización do proxecto do citado parque eólico.

Sexto. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retevisión; Retegal; Concello da Baña; Unión Fenosa Distribución; Axencia Galega de Infraestruturas; Telefónica; Augas de Galicia e Agencia Estatal de Seguridade Aérea.

Sétimo. O 27.6.2012, Retevisión emitiu o correspondente condicionado no que manifesta a súa non oposición á autorización do parque eólico, sempre e cando se manteñan as coordenadas UTM. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 27.7.2012.

Oitavo. O 5.7.2012, Retegal emitiu o correspondente condicionado. Nel recóllese o compromiso do promotor coa realización dunha campaña de medidas de cobertura nas localidades do contorno, coa finalidade de proceder á comprobación de que non se produciu perda ou degradación del. Neste suposto, proporcionará os medios necesarios ou acometerá algunha actuación de extensión de cobertura que permita o restablecemento da calidade e a correcta recepción dos sinais de TDT. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 18.9.2012.

Noveno. O 24.7.2012, o Concello da Baña emitiu o correspondente condicionado. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 18.9.2012.

Décimo. O 26.7.2012, Unión Fenosa Distribución emitiu o correspondente condicionado, no cal non presenta ningún reparo ás afeccións que o proxecto ten sobre as súas infraestruturas. Porén, no relativo á servidume sobre predios da súa propiedade, mantén a desconformidade xa manifestada mediante a alegación recollida no antecedente de feito quinto. O promotor, no seu escrito do 18.10.2012, mostrou a súa conformidade con respecto ás afeccións, agás na relativa á alegación da servidume sobre a que manifesta as súas intencións de chegar a un acordo.

Décimo primeiro. O 31.7.2012, a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu o correspondente condicionado no cal informa favorablemente. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 25.9.2012.

Décimo segundo. O 24.8.2012, Telefónica comunicou que, á vista da documentación recibida, cómpre unha comunicación previa á execución das obras co obxecto de comprobar o cumprimento das prescricións vixentes en materia de cruzamentos e paralelismos de liñas de alta tensión con liñas de comunicación. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 18.9.2012.

Décimo terceiro. O 12.9.2012, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado no cal informa favorablemente indicando a existencia dunha contradición á hora de definir os cruzamentos co dominio público hidráulico, posto que no estudo de impacto ambiental indicábase que se faría mediante perforación dirixida e no proxecto de execución indicábase que a mellor opción era desviar o trazado dos regatos de forma provisional para a execución de gabia coa condución embebida en formigón e o recheo posterior. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 30.10.2012 e presentou a correspondente addenda. O 28.5.2013, Augas de Galicia informa favorablemente. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 25.6.2013.

Décimo cuarto. O 15.2.2013, a Agencia Estatal de Seguridad Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 23.04.2013.

Décimo quinto. O 24.4.2013, a xefatura territorial emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Décimo sexto. O 26.4.2013 a xefatura territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo sétimo. O 12.7.2013 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 207, do 29 de outubro).

Décimo oitavo. O 26.7.2013, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 20 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polos artigos 38 e 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. No informe do Servizo de Enerxía e Minas da Coruña do 26.10.2011, así como no correspondente informe emitido o 24.4.2013, non se recolle ningún dereito mineiro vixente que afecte a área definida pola poligonal do parque eólico, polo que non foi necesaria a apertura do trámite de compatibilidade a que se refire o artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (situación, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre estes. Ademais o promotor presentou o seu compromiso de acadar acordos cos titulares de bens e dereitos afectados polo proxecto.

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No que respecta ás alegacións relativas á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito punto ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. No que respecta ao alegado por Unión Fenosa Distribución, S.A., segundo o punto primeiro do artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a declaración de utilidade pública levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectos do artigo 52 da Lei do 16 de novembro de 1954, de expropiación forzosa.

5. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 12.7.2013, que se fixo pública por Resolución do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 207, do 29 de outubro).

6. En relación coa falta de acordos cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos afectados, o promotor declarou que se atopa en negociacións cos afectados.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Campo Pequeno, situado no concello da Baña (A Coruña) e promovido por Eólica Galenova, S.L., cunha potencia de 27 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución. Parque eólico Campo Pequeno (nº visado 0549/11, data 8.6.2011) asinado polo enxeñeiro industrial Eduardo Ardila Ortuño, colexiado nº 1238/451 do Colexio Nacional de Enxeñeiros de ICAI. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Eólica Galenova, S.L.

Domicilio: r/ paseo de la Castellana, 140, 6º B, 28046 Madrid.

Denominación: parque eólico Campo Pequeno.

Potencia máxima evacuable: 27 MW.

Concello afectado: A Baña (A Coruña).

Produción neta anual estimada: 74.400 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 36.738.207,80 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. Campo Pequeno

Vértices Poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

X

Y

A

516.468

4.760.266

B

516.086

4.759.659

C

516.850

4.757.500

D

518.310

4.756.550

E

518.820

4.756.750

F

518.907

4.757.214

G

521.115

4.758.220

H

521.115

4.758.480

I

523.177

4.759.158

J

523.332

4.760.342

K

522.418

4.760.420

L

520.655

4.758.866

M

519.214

4.758.866

N

517.811

4.760.266

Coordenadas UTM (Fuso 29)

Nº aeroxerador

X

Y

CPE-01

517.845

4.759.527

CPE-02

518.085

4.759.287

CPE-03

518.329

4.759.044

CPE-04

518.574

4.758.798

CPE-05

517.242

4.757.924

CPE-06

517.484

4.757.682

CPE-07

517.879

4.757.593

CPE-08

518.120

4.757.353

CPE-09

518.362

4.757.113

Torres meteorolóxicas: coordenadas UTM (Fuso 29)

X

Y

Torre 1

518.123

4.759.565

Torre 2

518.084

4.757.075

Subestación: coordenadas UTM (Fuso 29)

X

Y

C.S.

518.117

4.757.592

Características técnicas das instalacións:

• 9 aeroxeradores de 3.000 kW de potencia nominal unitaria con xerador síncrono, montados sobre fuste tubular metálico cunha altura de 119 m e un diámetro de rotor de 112 m.

• 9 centros de transformación de potencia unitaria 3.350 kVA e con relación de transformación de 0,69/30 kV, instalados no interior de torre de aeroxerador coa seu correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV de interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV dos aeroxeradores e o centro de seccionamento, composta por 2 circuítos con conductores tipo HEPRZ1 18/30 kV Al +H16/25 de varias seccións.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV de interconexión entre o centro de seccionamento e a nova posición de transformador na subestación 30/132 kV dos parques eólicos de Vilamartiño e Santa Comba, composta por 1 circuíto con condutor tipo HEPRZ1 18/30 kV 3×(1×630) mm2 Al +H25.

• Centro de seccionamento composto de transformador trifásico para alimentación de servizos auxiliares de potencia 100 kVA e relación de transformación 30/0,4 kV, cela de protección deste transformador, 2 celas de liña do parque e unha cela de liña de interconexión con subestación.

• Ampliación da subestación dos parques eólicos de Vilamartiño e Santa Comba necesaria para a interconexión do parque eólico de Campo Pequeno coa instalación dos seguintes elementos: unha posición de 132 kV, unha posición de transformación de 132 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida, un transformador de 30/40 MVA ONAN/ONAF de relación de transformación 132/30 kV e regulación de carga, unha reactancia de posta á terra en 30 kV, unha posición de transformador de 30 kV, e unha posición de chegada de liña de centro de seccionamento e remonte de cables, así como os correspondentes aparellos para realizar as funcións de medida, protección, telemando e control.

• 2 torres meteorolóxicas de 120 m de altura, equipada con anemómetros, cataventos, medidor de temperatura, sensores de temperatura e pluviómetro.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Eólica Galenova, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 734.764,16 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Eólica Galenova, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 275.536 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba.

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de sete meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 12.7.2013 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Conxuntamente coa solicitude de posta en servizo das instalacións o promotor deberá presentar ante a dita xefatura territorial a documentación acreditativa do funcionamento dos sistemas implantados de control de potencia que deberán vir certificados por un organismo de control autorizado.

7. Unha vez postas en servizo as instalacións, prestarase especial atención ao correcto funcionamento dos sistemas de limitación de potencia, de xeito que a potencia evacuada non supere en ningún momento os 27 MW.

8. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico Eólica Galenova, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito quinto:

María Jesusa Serrano Gómez, o 5.7.2012; Emilio Vila Balboa, o 10.7.2012; María del Carmen Torreira Arán, o 10.7.2012; Juan José Munis Baña, o 10.7.2012; Gerardo Carballal Rodríguez, no seu propio nome e en representación de María Luisa Escolástica López Iglesias, o 12.7.2012; Daniel Clemente Cardeso Maroñas, no nome e en representación de Amadora Maroñas Maroñas e en beneficio da comunidade hereditaria de Daniel Cardeso Antelo, o 13.7.2012; María Manuela Lens García, no seu propio nome e en representación de herdeiros de Carmen García Camiño, o 16.7.2012; Amalia Dulcerina García Rey, o 20.7.2012; Josefina Allo Castro, o 20.7.2012; Unión Fenosa Distribución, o 31.7.2012; Manuel Allo Agra, o 2.8.2012; Víctor Manuel López Fernández, actuando como liquidador da Sociedade Anónima Xestora Bantegal Sociedade Unipersoal, en liquidación, o 8.8.2012; Sociedade Galega de Historia Natural, o 9.8.2012; José Paredes Antelo, o 17.8.2012; Javier Fariña García, o 17.8.2012; Manuel Fariña Rial, o 17.8.2012; María Canay Mayo, o 17.8.2012; Mª Carmen Serrano Gómez, o 17.8.2012; Mª Jesusa Serrano Gómez, o 17.8.2012; Josefa Santos Torreira, o 20.8.2012; José Mª Alegre Pena, o 24.8.2012; Manuela Antelo Mata, o 24.8.2012; Mª Matilde Allo Gómez, o 24.8.2012; Isabel Nuria Tuñas Ponte, no seu propio nome e como herdeira de Antonio Romero Maroñas, o 24.8.2012; Mª Dolores Castro Andrade, no seu propio nome e como herdeira de María Andrade López, o 24.8.2012; Asunción Castro Sanlés, 24.8.2012; Mª Elena Burque Torreira, o 24.8.2012; Florentino García Liñares, o 24.8.2012; Carmen Agra Turnes, 24.8.2012; Mª José Paredes Novio, o 24.8.2012; Domitila Ramos Rial, o 24.8.2012; Fernando López Paredes, no seu propio nome e como herdeiro de J. M. Paredes Suárez, o 24.8.2012; Jesús M. Paredes Suárez, o 24.8.2012; Mª Carmen Paredes Suárez, o 24.8.2012; José Manuel Canay Riveiro, o 24.8.2012; Benedicta Vázquez Varela, o 24.8.2012; Teófilo Vilas Antelo, o 24.8.2012; Manuel Juan Muñiz Baña, o 24.8.2012; Antonio Arnejo Turnes, o 24.8.2012; Teresa Raquel Lamas García, o 24.8.2012; Manuel Natalio Allo Agra, o 24.8.2012; Mª Carmen Turnes Turnes, o 24.8.2012; Carlos Paredes Suárez, o 24.8.2012; Manuel Turnes Varela, o 24.8.2012; Mónica López Paredes, o 24.8.2012; José Celestino Paredes Suárez, o 24.8.2012; Vanesa López Paredes, o 24.8.2012; Mª Dolores Consuelo Couto Varela, o 24.8.2012; Manuel García Fiusa, o 24.8.2012; José Manuel Ramos Freita, o 24.8.2012; José Manuel Salvande Méndez, o 24.8.2012; Mª Dolores Paredes Varela, o 24.8.2012; Jesusa Calvelo Nieto, o 24.8.2012; José Núñez Lens, o 24.8.2012; José Turnes Turnes, o 24.8.2012; José Gerpe Castro, o 24.8.2012; Mª Dolores Couto Pérez, o 24.8.2012; Evaristo Castro Lamas, o 24.8.2012; Dolores Couto Varela, o 25.8.2012; Dosinda Almozara Vázquez, o 25.8.2012; Manuela Varela Baña, o 25.8.2012; José Couto Varela, no seu propio nome e en representación de María Aurora Vieito Mesía, o 25.8.2012; Jesús Allo Rial, o 25.8.2012; Peregrina Mª Luz Forján López, o 25.8.2012; Sofía López Pías, o 25.8.2012; Mª Sofía Romero Paredes, o 25.8.2012; Asociación de Veciños Amanecer de San Mamede de Suevos, o 25.8.2012; Asociación de Veciños Plataforma Respeto á Terra, o 25.8.2012; José Pose Cantorna, o 12.9.2012; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, o 21.9.2012.