Expediente: IN407A 2016/371-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS dobre alimentación Muxía derivada CT Lourido-CT Enfesto.
Concello: Muxía.
Características técnicas: LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, de 2,906 km, coa orixe na cela de liña existente no CT Enfesto (expediente 179/06) e final no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 103/15 da LMT POT-806 (expediente 33.924), no tramo entre a derivada ao CT Oruxo (15XA13) e o CT Lourido (expediente 33.924).
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 25 de abril de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña