Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (726/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 726/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Aparicio Rosales contra Restauraciones Pico Fino Coruña, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 726/2013

Demandante: María Concepción Aparicio Rosales

Letrado: Sr. Valiño Ferreiro

Demandados: Restauraciones Pico Fino Coruña, S.L. e Fogasa

Sentenza 155/2016.

A Coruña, 14 de abril de 2016.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda formulada por María Concepción Aparicio Rosales contra Restauraciones Pico Fino Coruña, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle á primeira a suma de 3.397,39 euros polos conceptos que se expresan na declaración de feitos probados desta resolución, así como o xuro de demora derivado do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que conste e sirva de notificación en legal forma a Restauraciones Pico Fino Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza