Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (195/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 195/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Añón Bello contra Construcciones López Cao, S.L, UTE As Conchiñas, Regal Tempo, S.L., Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.L., Ferrovial Agroman, S.A., Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L., UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas, Aplicaciones Piscina de Arteixo, UTE e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 197/2016.

A Coruña, 20 de abril de 2016.

Juez: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade 195/2015

Demandante: Raúl Añón Bello

Letrado: Sr. Raña Vales

Demandadas:

Construcciones López Cao, S.L.

UTE As Conchiñas

Letrada: Sra. Jurjo García

Regal Tempo, S.L.

Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. (Emvsa)

Letrado: Sr. Hortas García

Ferrovial Agromán, S.A.

UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L. Unión Temporal de Empresas

Letrada: Sra. Pesquera Vecino

Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

Letrado: Sr. Vázquez Cid

Decido:

1. Estimo parcialmente a demanda formulada por Raúl Añón Bello fronte a Regal Tempo, S.L., UTE As Conchiñas, UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L. Unión Temporal de Empresas e Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. (Emvsa) e, en consecuencia:

a) Condeno a Regal Tempo, S.L. a aboar ao demandante as seguintes cantidades:

a) Salarios debidos por 28 días do mes de novembro de 2014: 1.186,08 euros brutos.

b) 15 horas extraordinarias realizadas polo demandante na obra de construción dun aparcadoiro nas Conchiñas na Coruña os días 3 ao 7 e 10 ao 14 facendo 1 hora e media cada día: 210,30 euros brutos.

c) Parte proporcional da paga extraordinaria de Nadal de 2014: 971,89 euros brutos.

d) Vacacións percibidas e non gozadas polo demandante na data de cesamento: 831,81 euros brutos.

e) Indemnización polo fin do seu contrato temporal de obra ou servizo: 876,77 euros.

Total: 4.076,85 euros.

b) Desa cantidade total de 4.076,85 euros, condeno á UTE As Conchiñas e á Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. a aboar ao demandante, de forma solidaria coa entidade Regal Tempo, S.L., as seguintes cantidades:

a) Salarios percibidos entre o 1 e o 14 do mes de novembro de 2014: 593,04 euros brutos.

b) 15 horas extraordinarias realizadas polo actor na obra de construción dun aparcadoiro nas Conchiñas na Coruña os días 3 ao 7 e 10 ao 14 facendo 1 hora e media cada día: 210,30 euros brutos.

c) Parte proporcional da paga extraordinaria de nadal de 2014 correspondente ao período indicado: 90,16 euros brutos.

Total: 893,50 euros brutos.

c) Da cantidade total de 4.076,85 condeno á UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L. Unión Temporal de Empresas a aboar ao demandante, de forma solidaria coa entidade Regal Tempo, S.L., as seguintes cantidades:

a) Salarios percibidos entre o 17 e o 28 do mes de novembro de 2014: 508,32 euros brutos.

b) Parte proporcional da paga extraordinaria de nadal de 2014 correspondente ao período indicado: 77,28 euros brutos.

Total: 585,60 euros brutos.

2. Desestimo a demanda formulada por Raúl Añón Bello fronte a Construcciones López Cao, S.L., Ferrovial Agromán, S.A. e Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L. absolvéndoos de todas as pretensións dirixidas fronte a eles.

3. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Regal Tempo, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 20 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza