Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (861/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 861/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miriam Álvarez Buján contra Laga Bisutería, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4

A Coruña

Reforzo

Sentenza: 171/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 861/2015

Demandante: Miriam Álvarez Buján

Letrado: Sr. Carbajal de la Torre

Demandada: Laga Bisutería, S.L.

Sentenza 171/2016

A Coruña, 18 de abril de 2016

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Miriam Álvarez Buján fronte a Laga Bisutería, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 3.583,17 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de optar pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,93 €/día.

3º. Condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 673,95 euros en concepto de prazo de aviso previo non concedido.

4º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Laga Bisutería, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza