Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19225

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (283/2014).

Damián Vega de las Heras, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, polo presente

Certifico:

Que neste procedemento de filiación 283/2014, seguido por instancia de Celestino Cid Lorenzo fronte a Eleidys Castillo Pérez e Antonio Abraham Cruz Paredes, se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza 33/2016.

Verín, 5 de abril de 2016.

O día 29 de abril de 2015 realizouse ante este xulgado procedemento sobre filiación 283/2014. É parte demandante Celestino Cid Lorenzo, representado pola procuradora Lucía Taboada González e asistido da letrada María Elisa Taboada González. É parte demandada Eleidys Castillo Pérez e Antonio Abraham Cruz Paredes, representada aquela polo procurador Antonio Álvarez Blanco e defendida pola letrada Elena Domínguez Taberna.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión:

Estimo a demanda interposta en representación de Celestino Cid Lorenzo e declaro que é o pai biolóxico do menor, fillo tamén de Eleidys Castillo Pérez. Abraham Cruz Paredes non é o pai biolóxico do menor.

Os apelidos do menor son, conforme á filiación declarada, …

Notifíqueselles ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Remítase testemuño desta sentenza ao Rexistro Civil de Verín para proceder á adecuación do seu contido á presente resolución.

Así, por esta a miña sentenza contra a cal cabe recurso de apelación, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Roberto Porto García, xuíz de carreira, con autorización para ditar a presente resolución.

E encontrándose o dito demandado, Antonio Abraham Cruz Paredes, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Verín, 5 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza