Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19227

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (62/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Luna Hermida contra a empresa Limpieza Veteris, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante, Mónica Luna Hermida, contra Limpieza Veteris, S.L., parte executada.

Presentada a traballadora Mónica Luna Hermida exixindo o cumprimento por parte do empresario, Limpieza Veteris, S.L., da obriga de readmisión, e despachado auto de execución da Sentenza do 16 de febreiro de 2016, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), acordo:

Citar de comparecencia as partes coas advertencias legais e facerlles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixar o vindeiro día 5 de xullo de 2016, ás 9.45 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir a traballadora ou a persoa que a represente, terase por desistida na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación da entidade executada por medio de edictos.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpieza Veteris, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza