Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Resolución do 3 de febreiro de 2016 pola que se denega o outorgamento de autorización ambiental integrada e se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada para o proxecto promovido por Reciclaje Ambiental Lesta, S.L., no lugar de Portobrea, no concello de Ordes (A Coruña).

De conformidade co artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o órgano substantivo dará publicidade da decisión de autorización ou denegación do proxecto.

Polo antedito, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dá publicidade da:

– Denegación do outorgamento da autorización ambiental integrada.

– Declaración de impacto ambiental.

Para o proxecto promovido por Reciclaxe Ambiental Lesta para a instalación dunha planta de residuos de construción e demolición e un vertedoiro de residuos non perigosos no lugar de Portobrea en Ordes (A Coruña), clave do expediente 2011-IPPC-I-66.

A declaración foi incorporada ao citado expediente e pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental