Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se empraza o interesado no recurso contencioso-administrativo P.O. 345/2015.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra remitiulle un oficio á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no cal lle requiriu a remisión do expediente administrativo no recurso contencioso-administrativo (P.O. 345/2015) interposto pola entidade Recreativos Portas, S.L. contra a Resolución do 21 de maio de 2015, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, desestimatoria do recurso de alzada interposto pola dita entidade contra a Resolución do 19 de abril de 2013, do xefe territorial da dita consellería en Pontevedra, pola que se declara a extinción da autorización de instalación e localización correspondente ao establecemento denominado Cafetería Sunny.

Mediante dilixencia de ordenación do 5 de abril de 2016, o dito xulgado requiriulle á Administración demandada que procedese ao emprazamento de interesados no referido procedemento.

De acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentouse sen éxito, a través do servizo de Correos, a notificación persoal de emprazamento, no procedemento referenciado, ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a Secretaría Xeral Técnica remitiulle o expediente administrativo requirido ao dito xulgado o 1 de marzo de 2016, o que se lle notifica para o seu coñecemento, e emprázao para que poida comparecer como demandado no citado procedemento no prazo de nove (9) días contados desde a publicación deste anuncio.

En cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Interesado: Pedro Garrido González.

Último domicilio coñecido: Nespereira-Alvite, 10, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra.