Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 3 de maio de 2016, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización dunha poxa pública de bens e dereitos.

O día 23 de xuño de 2016, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70), terá lugar a poxa pública dos bens e dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1.Único

Predio 70.663. Tomo 1149, libro 710, folio 75. Urbano. Piso 2º B no edificio da rúa do Fontelo, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de noventa metros cadrados. Correspóndenlle como anexos: a praza de garaxe número 20 na planta soto e o rocho en planta baixo cuberta, co número 20. Vivenda de protección oficial acollida ao expediente LU92/010. Ref. catastral 7148302 PH 1674 N 0021 OX. Titularidade: Manuel Cortiñas Romero, pleno dominio por título de disolución de condominio.

65.661,75 €

11.494,85 €

54.166,90 €

400,00 €

Lote 2.1

Predio 11434/9. Tomo 1080, libro 95, folio 113. Urbano. Garaxe, praza 9, situado en planta soto do edificio sito na avenida da Terra Chá, 8, da vila de Castro de Rei. Titularidade: María Manuela Fernández Abelaira, 100 % pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

7.072,64 €

3.333,95 €

3.738,69 €

100,00 €

Lote 2.2

Predio 11434 /10. Tomo 1080, libro 95, folio 114. Urbano. Rocho número 10 situado en planta soto do edificio sito na avenida da Terra Chá, 8, da vila de Castro de Rei. Titularidade: María Manuela Fernández Abelaira, 100 % pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

1.606,84 €

1.666,97 €

1.606,84 €

100,00 €

Lote 2.3

Predio 11452. Tomo 1063, libro 88, folio 48. Urbano. Vivenda situada na planta 1, porta F do edificio sito na avenida da Terra Chá, 8, da vila de Castro de Rei. Ten unha superficie útil de cento seis metros e setenta e oito decímetros cadrados. Ref. catastral 2781903PH2728S0009TB. Titularidade: María Manuela Fernández Abelaira, 100 % pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

76.535,63 €

38.073,39 €

38.462,24 €

200,00 €

Lote 3.1

Predio 24.723. Tomo 824, libro 140, folio 18. Prado de secaño coñecido como Xunto á Casa de Manolo de Prado, sito no lugar de Prado, parroquia dos Remedios no municipio de Mondoñedo. Ten unha superficie de cinco áreas e vinte e catro centiáreas. Ref. catastral 27030 A 028010180000 WP. Titularidade. Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

165,90 €

Sen cargas

165,90 €

100,00 €

Lote 3.2

Predio 24.724. Tomo 824, libro 140, folio 19. Monte coñecido como Vilar da Pinguela, sito no lugar de Prado, parroquia dos Remedios no municipio de Mondoñedo. Ten unha superficie de trinta e dúas áreas e dezasete centiáreas. Ref. catastral 27030 A 033006350000 WB. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

965,10 €

Sen cargas

965,10 €

100,00 €

Lote 3.3

Predio 24.725. Tomo 824, libro 140, folio 20. Prado coñecido como Pereiro dos Madeiros, sito no lugar de Maariz, parroquia de Santiago de Mondoñedo, no municipio de Mondoñedo. Dedicado a pasteiro, ten un superficie de dez áreas e sesenta e tres centiáreas. Ref. catastral 27030 A 027022190000 WJ. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

318,90 €

Sen cargas

318,90 €

100,00 €

Lote 3.4

Predio 24.726. Tomo 824, libro 140, folio 21. Terreo coñecido como Cortina Domingo Gonzado, sito no lugar de Maariz, parroquia de Santiago de Mondeñedo, no municipio de Mondoñedo. Dedicado a labradío, ten unha superficie dunha área e setenta e cinco centiáreas. Ref. catastral 27030 A 027016090000 WA. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

52,50 €

Sen cargas

52,50 €

100,00 €

Lote 3.5

Predio 24.727. Tomo 824, libro 140, folio 22. Terreo coñecido como A Chousa, sito no lugar de Maariz, parroquia de Santiago de Mondoñedo, no municipio de Mondoñedo. Dedicado a labradío, ten unha superficie de sete áreas e catorce centiáreas. Ref. catastral 27030 A 027008720000 WQ. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

214,20 €

Sen cargas

214,20 €

100,00 €

Lote 3.6

Predio 24.728. Tomo 824, libro 140, folio 23. Prado coñecido como Tras da Casa Domingo Gangan, sito no lugar de Maariz, parroquia de Santiago de Mondoñedo, no municipio de Mondoñedo. Dedicado a pasteiro, ten unha superficie de tres áreas e vinte e unha centiáreas. Ref. catastral 27030 A 027024610000 WG. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

96,30 €

Sen cargas

96,30 €

100,00 €

Lote 3.7

Predio 24.729. Tomo 824, libro 140, folio 24. Rústica. Monte coñecido como Couto de Enriba da Aira, no lugar de Maariz, parroquia de Santiago, municipio de Mondoñedo. Ten unha superficie de seis áreas e sesenta e sete centiáreas. Ref. catastral 27030 A 027015410000 WE. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

200,10 €

Sen cargas

200,10 €

100,00 €

Lote 3.8

Predio 24.730. Tomo 824, libro 140, folio 25. Monte coñecido como Carballotes, no lugar de Maariz, parroquia de Santiago de Mondoñedo, municipio de Mondoñedo. Ten unha superficie de sete áreas e corenta e unha centiáreas. Ref. catastral 27030 A 033003950000 WK. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

222,30 €

Sen cargas

222,30 €

100,00 €

Lote 3.9

Predio 24.731. Tomo 824, libro 140, folio 26. Monte raso coñecido como Perroulo, no lugar de Maariz, parroquia de Santiago de Mondoñedo, municipio de Mondoñedo. Ten unha superficie de dez áreas e vinte centiáreas. Ref. catastral 27030 A 033007540000 WE. Titularidade: Juan Manuel López Rivas, 100 % pleno dominio, por título de herdanza.

306,00 €

Sen cargas

306,00 €

100,00 €

Lote 4.Único

600 participacións no capital social de Cousiñas da Casa, S.L. con CIF B27461151. Titularidade de José Antonio Miragaya López.

600,00 €

Sen cargas

600,00 €

100,00 €

Lote 5.1

Predio 30.137. Tomo 1481, libro 1042, folio 101. Urbano. Predio coñecido como Agro, dedicado a labradío, sito na parroquia de Santo André de Castro, no municipio de Lugo. Ten unha superficie de catro mil novecentos setenta e nove metros cadrados e nela hai construída unha nave industrial que ocupa unha superficie de mil vinte e un metros e nove decímetros cadrados. Ref. catastral 000100200PH25G0001QP. Titularidade: Morbidell, S.L., 100 % pleno dominio, por título de achega.

407.720,31 €

450.720,31 €

52.261,83 €

400,00 €

Lote 5.2

Predio 107.922N. Tomo 1627, libro 1188, folio 145. Urbano. Parcela número 2 que procede da división da parcela 59, sita no polígono do Ceao da cidade de Lugo. Ten unha superficie de mil cincocentos metros e noventa e oito decímetros cadrados. A parcela matriz divídese en vinte e cinco parcelas independentes, unha das cales é a parcela deste número. Titularidade: Morbidell, S.L., 100 % pleno dominio por título de adxudicación en pagamento de débedas.

183.658,50 €

324.821,06 €

52.261,83 €

400,00 €

Lote 5.3

Predio 107.926N. Tomo 1627, libro 1188, folio 147. Urbano. Parcela número 4 que procede da división da parcela 59, sita no polígono do Ceao da cidade de Lugo. Ten unha superficie de mil cento sesenta e nove metros e oitenta e seis decímetros cadrados. A parcela matriz divídese en vinte e cinco parcelas independentes, unha das cales é a parcela deste número. Titularidade: Morbidell, S.L., 100 % pleno dominio por título de adxudicación en pagamento de débedas.

87.739,50 €

566.828,25 €

52.261,83 €

400,00 €

Lote 5.4

Predio 107.946N. Tomo 1627, libro 1188, folio 157. Urbano. Parcela número 14 que procede da división da parcela 59, sita no polígono do Ceao da cidade de Lugo. Ten unha superficie de mil cento cincuenta e dous metros e seis decímetros cadrados. Sobre esta parcela existe unha nave industrial, sinalada coa letra D que consta de planta baixa e primeira. Ocupa a superficie construída de novecentos vinte e un metros con sesenta e oito decímetros cadrados. A parcela matriz divídese en vinte e cinco parcelas independentes, unha das cales é a parcela deste número. Titularidade: Morbidell, S.L., 100 % pleno dominio por título de adxudicación en pagamento de débedas.

482.899,56 €

566.828,25 €

52.261,83 €

400,00 €

Lote 6.Único

Urbano. Agra, destinado a labradío e prado e sito no municipio do Corgo. Ocupa a superficie de mil novecentos corenta e cinco metros cadrados. Lindeiros: norte, parcela 9005, polígono 123, lugar Camiño Sollo do concello do Corgo; sur e oeste, parcela 9004, polígono 123, lugar Camiño Pumariño do concello do Corgo; e leste, parcela 119, polígono 123, lugar Leira da Agra de Darío Mera Castro. Na devandita leira existe unha edificación. Ref. catastral 27014A123001200000JJ. Titularidade: Miguel Ángel Prieto Fouce, 100 % de propiedade.

87.942,00 €

Sen cargas

87.942,00 €

800,00 €

Lote 7.Único

Predio 51.917. Tomo 1094, libro 655, folio 219. Urbano. Vivenda, piso sexto posterior dereita, letra C no edificio da rúa Poeta Aquilino Iglesia Alvariño, 10, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de sesenta e tres metros e corenta e seis decímetros cadrados. Ref. catastral 6438103PH1663N0161GO. Titularidade: Antonio Rodríguez Anllo, pleno dominio por título de adxudicación.

21.600,96 €

17.734,39 €

3.866,57 €

100,00 €

Lote 8.1

Predio 878. Tomo 726, libro 6, folio 127. Urbano. Local en planta baixa no edificio sito en Campón, en Burela. ocupa a superficie de sesenta e catro metros cadrados. Titularidade: Francisco Javier Sánchez Lorenzo, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

56.739,84 €

53.926,16 €

2.813,68 €

100,00 €

Lote 8.2

Predio 7434. Tomo 501, libro 58, folio 114. Urbano. Vivenda, piso tipo C na segunda planta do bloque 10 sito no lugar Veiga de San Cibrao, municipio de Cervo. Ocupa a superficie útil de oitenta e tres metros e vinte e tres decímetros cadrados. Ten o réxime especial de vivendas de protección oficial segundo cédula de clasificación LUGI5036/75. Titularidade: Francisco Javier Sánchez Lorenzo, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

55.243,08 €

53.926,16 €

1.316,92 €

100,00 €

Lote 8.3

¼ Predio 7425. Tomo 703, libro 129, folio 151. Urbano. Local comercial sito na planta baixa do edificio sito en Lieiro, bloque 10, no municipio de Cervo. Ocupa a superficie ocupada de cento vinte e dous metros cadrados. Titularidade: Francisco Javier Sánchez Lorenzo, 25 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

11.480,81 €

1.398,00 €

10.082,81 €

200,00 €

Lote

9.Único

Predio 3168. Tomo 825, libro 27, folio 164. Urbano. Soar sobre o cal se constrúe a seguinte edificación. Casa sinalada co número 176 da avenida Arcadio Pardiñas, en Burela. Composta de planta baixa, catro plantas altas e planta baixo cuberta aproveitable. A planta baixa ocupa a superficie construída de cento trinta e dous metros cadrados; cada unha das catro plantas altas, cento corenta e sete metros e catro decímetros cadrados, e a planta baixo cuberta, cento vinte metros cadrados. Ref. catastral 2948002 PJ 3324 N 0001 GR. Titularidade: Tomás Vispo Pardo, 3/8 do pleno dominio e 1/8 de núa propiedade con carácter privativo por título de herdanza.

217.799,28 €

159.247,72 €

58.551,56 €

400,00 €

Lote 10. Único

Predio 98.246. Tomo 1819, libro 1380, folio 103. Urbano. Casa na rúa Gravador Prieto Nespereira, 9, na cidade de Lugo. Consta de planta baixa con local comercial e tres plantas altas destinadas a vivenda. Ocupa a superficie total construída de catrocentos vinte e seis metros cadrados. Ref. catastral 6746007 PH 1664 N 0001 ER. Titularidade: Ana María Vázquez Rodríguez, unha sexta parte indivisa en pleno dominio e unha sexta parte indivisa en núa propiedade.

102.194,88 €

68.486,13 €

33.708,75 €

200,00 €

Lote 11.1

9.500 participacións sociais na sociedade Desarrollos e Inversiones Paradai, S.L. con CIF B94110228, números 1 ao 9.500 (ambas inclusive).

947.720,00 €

Sen cargas

947.720,00 €

3.000,00 €

Lote 11.2

Predio 94.825 N. Tomo 1388, libro 949, folio 127. Local comercial en parte da planta baixa do edificio sinalado cos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da rúa Ramón Montenegro e Carril do Xuízo da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída aproximada de douscentos un metros e vinte e seis decímetros cadrados. Titularidade: Promotora Río Fabaiños, S.L., por título de ampliación de obra nova e modificación da división horizontal.

120.256,88 €

Sen cargas

120.256,88 €

2.000,00€

Lote 11.3

Predio 94.827 N. Tomo 1388, libro 949, folio 128. Local comercial en parte da planta baixa do edificio sinalado cos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da rúa Ramón Montenegro e Carril do Xuízo da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída aproximada de cento dez metros e dous decímetros cadrados. Titularidade: Promotora Río Fabaiños, S.L., por título de ampliación de obra nova e modificación da división horizontal.

65.739,15 €

Sen cargas

65.739,15 €

800,00 €

Lote 11.4

Predio 94.831 N. Tomo 1388, libro 949, folio 130. Local de entresollado destinada a rochos no edificio sinalado cos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da rúa Ramón Montenegro e Carril do Xuízo da cidade de Lugo. Ocupa a superficie de catrocentos cincuenta e oito metros e cincuenta e cinco decímetros cadrados. Titularidade: Promotora Río Fabaiños, S.L., por título de ampliación de obra nova e modificación da división horizontal.

191.050,27 €

Sen cargas

191.050,27 €

2.000,00 €

Lote 11.5

Predio 101.372. Tomo 1505, libro 1066, folio 48. Urbano. Semisoto construído sobre a parcela 1.D.2 do polígono de Acea de Olga. Ocupa a superficie construída aproximada de trescentos setenta e seis metros e catorce decímetros cadrados. Titularidade: Promotora Río Fabaiños, S.L., pleno dominio por título de división horizontal.

191.650,85 €

Sen cargas

191.650,85 €

2.000,00 €

Lote 11.6

Predio 103.299 N. Tomo 1506, libro 1067, folio 30. Urbano. Local en parte da planta baixa do edificio sinalado cos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da rúa Ramón Montenegro e Carril do Xuízo da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída de douscentos trinta e tres metros e oitenta e catro decímetros cadrados. Titularidade: Promotora Río Fabaiños, S.L., pleno dominio por título de división material.

139.724,08 €

Sen cargas

139.724,08 €

2.000,00 €

Lote 11.7

Predio 103.307. Tomo 1506, libro 1067, folio 34. Urbano. Local en parte de entreplanta do edificio sinalado cos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da rúa Ramón Montenegro e Carril do Xuízo da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de oitenta e dous metros e cincuenta e oito decímetros cadrados. Titularidade: Promotora Río Fabaiños, S.L., pleno dominio por título de división material.

34.406,13 €

Sen cargas

34.406,13 €

200,00 €

Lote 12.1

Predio 25.754. Tomo 799, libro 219, folio 78. Urbano. Lagar, Chousa Grande e Pereiro, casa co seu curral, eira, baldíos e alpendre, así como labradío e pasto que todo ocupa a superficie dunha hectárea, nove áreas e sesenta e unha centiáreas e sito en Cangas, municipio de Foz. Ref. catastral 4812005 PJ 3341 S 0001 PG. Titularidade: David Oroza González, 100 % pleno dominio por título de apartación.

215.364,00 €

254.267,43 €

60.310,06 €

400,00 €

Lote 12.2

Predio 5235. Tomo 899, libro 43, folio 79. Urbano. Vivenda na planta cuarta do edificio na rúa Pardo Bazán, 18, en Burela. Ocupa a superficie útil de cento nove metros e setenta e tres decímetros cadrados. Titularidade: David Oroza González, pleno dominio por título de apartación.

73.689,18 €

39.433,23 €

39.359,54 €

200,00 €

Lote 12.3

Predio 26.382. Tomo 921, libro 403, folio 197. Local destinado a galería comercial na planta baixa do edificio sito na rúa San Francisco, 9, en Ribadeo. Ocupa a superficie de sesenta metros cadrados. Titularidade: David Oroza González, pleno dominio con carácter privativo por título de apartamento lexitimario.

113.443,20 €

118.803,30 €

60.310,06 €

400,00 €

Lote 12.4

Predio 26.376. Tomo 784, libro 349, folio 57. Urbano. Praza de garaxe sinalada co número 4, sita na planta soto do edificio sito na rúa San Francisco, 24 e praza de España, 10, en Ribadeo. Titularidade: David Oroza González, pleno dominio por título de apartamento lexitimario.

12.312,00 €

12.072,21 €

239,79 €

100,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo; rúa Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e os gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa de poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderase reducir este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos quince (15) días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Tras a celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso, admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo de seis meses e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio e poderá proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

Lugo, 3 de maio de 2016

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado de Lugo