Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada e tramitación ordinaria, das obras de construción dunha aula taller na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, A Coruña (expediente 12/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: construción da aula taller na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (A Coruña).

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución do contrato: 6 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 45000000-7.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: prezo máis baixo.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 147.994,59 €, IVE (21 %): 31.078,86 €. Total: 179.073,45 €.

Valor estimado: 147.994,59 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Mar.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na letra H da carátula.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 7.399,73 € (5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 49 90/54 40 46 (consultas administrativas) 981 54 61 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26269

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03), ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.es).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a data e hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar