Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial, promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.

Aprobado inicialmente mediante decreto da Alcaldía nº 20, do 18 de marzo de 2016, o Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial de Vilalba, promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U., con CIF A47037296, de iniciativa particular e conforme o establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado desde a última publicación do presente anuncio no DOG, no xornal El Progreso ou no xornal La Voz de Galicia.

Simultaneamente, notificarase ás persoas titulares que figuren no catastro.

Durante o período de información pública poderase examinar o expediente, obter copias e presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Quedan suspendidas as licenzas en todo o ámbito do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vilalba, 10 de maio de 2016

Gerardo Criado Guizán
Alcalde