Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación municipal na sesión ordinaria con data do 30 de marzo de 2016, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito da empresa Lonza na parroquia de Torneiros do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º) Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no ámbito da empresa Lonza na parroquia de Torneiros.

2º) Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, 2 periódicos de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º) Solicitar informe sectorial aos seguintes órganos administrativos:

– Servicio de Protección da Paixase dependente do Instituto de Estudios do Territorio.

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

4º) Suspender o otorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derribo nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que estimen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información publica por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos e páxina web do concello para os efectos de que polos interesados se presenten as reclamacións e suxerencias que se estimen por convenientes.

O Porriño, 11 de abril de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa