Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19062

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO da convocatoria da LVIII edición do Premio Fernández Latorre.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca o LVIII Premio Fernández Latorre e convida a particulares e institucións a participar nel.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premio.

Concederase o Premio Fernández Latorre, dotado nesta edición con 10.000 euros, a unha traxectoria, persoal ou profesional, ou a un traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 7 de maio de 2015 e o 6 de maio de 2016.

2. Ditame e entrega.

O ditame farase público no diario La Voz de Galicia o vindeiro 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

O premio entregarase no transcurso dun acto que se celebrará no último trimestre de 2016.

3. Xurado.

O xurado terá, ademais das facultades normais para elixir a traxectoria ou o traballo premiados, as de interpretar as presentes bases.

4. Presentación de traballos.

Os expedientes ou traballos deberanse enviar por correo electrónico (fundacionsantiagoreyfernandez-latorre@lavoz.es) ou ordinario á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, avda. da Prensa 84-85, polígono industrial de Sabón, 15143 Arteixo (A Coruña), ata o 31 de maio, coa indicación «Premio Fernández Latorre» .

Os expedientes ou traballos poderán ser presentados polos interesados, polos membros do xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a este premio supón a conformidade dos participantes coas bases e implica, de ser o caso, a autorización para a difusión pública, sen finalidade lucrativa, do traballo premiado.

A decisión do xurado é inapelable.

A Coruña, 9 de abril de 2016

Santiago Rey Fernández-Latorre
Presidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre