Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de marzo de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a notificación (expediente 107B 2006/29-0).

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de xaneiro de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha quinta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número 107B 2006/29-0 á mercantil Desguaces Outón, S.L., como consecuencia de incumprir o establecido na Resolución do 28 de agosto de 2006, que ordenaba a demolición dunha nave industrial con planta sensiblemente rectangular acaroada lateralmente ao muro de cerramento, que linda co camiño lateral esquerdo do predio, con cuberta a unha auga de chapa metálica, armazóns e piares de perlés de aceiro laminado e revestimento de fachada de bloque de formigón e chapa ondulada, cunha superficie aproximada de 296 m2, soleira de formigón acabado e puído de 3.800 m2 e o muro de contención de terras de bloque de formigón e piares metálicos de 44 m e 2,50 m de altura, promovidas pola interesada, no Camiño das Fontiñas, s/n, lugar de Vilafranca, parroquia de Marcón, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. O recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un simple acto de execución.

En caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística