Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia (expediente 21/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio existente en diferentes organismos e entes dependentes da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 30.12.2015.

DOUE: 29.12.2015.

BOE: 2.1.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 5.027.550,75 € (cinco millóns vinte e sete mil cincocentos cincuenta euros con setenta e cinco céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 5.027.550,75 €, máis 1.055.785,65 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 6.083.336,40 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3.3.2016.

b) Data de formalización do contrato: 27.4.2016.

c) Contratista: Specialist Computer Centres, S.L.

d) Importe de adxudicación: 5.958.940,74 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia