Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de xestión e auditoría da calidade (expediente 10/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: definición, planificación e execución das tarefas necesarias para o mantemento do sistema de xestión da calidade da Amtega, aliñado coas mellores prácticas e tendencias nos modelos de organización, funcionais e TIC, así como as tarefas de auditoría do dito sistema de xestión da calidade e colaboración coas auditorías externas que se fagan deste.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG do 15 de xaneiro de 2016.

DOUE do 12 de xaneiro de 2016.

BOE do 16 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 765.000,00 € (setecentos sesenta e cinco mil euros).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 255.000,00 € (douscentos cincuenta e cinco mil), máis 53.550,00 € (cincuenta e tres mil cincocentos cincuenta euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 308.550,00 € (trescentos oito mil cincocentos cincuenta euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.4.2016.

b) Data de formalización do contrato: 27.4.2016.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación: 276.213,96 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia