Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (381/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 381/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ver_PDF contra Marketing Directo Publinor-O, S.L., Oferta Comercial y Control, S.L.U., Fogasa, Lidergal, S.L., Iberpubli, S.A. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Ver_PDF, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, fronte ás mercantís Marketing Directo Publinor, S.L., asistida pola letrada Sra. Jove Vidal, Oferta Comercial y Control, S.L.U., asistida pola letrada Sra. López López, Lidergal, S.L., asistida polo letrado Sr. Feijoo Miranda, e Iberpubli, S.A., asistida polo letrado Sr. López López, fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar debidamente citado, dítase a presente sentenza con base nos seguintes

Resolución.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Ver_PDF fronte a Marketing Directo Publinor-O, S.L., Oferta Comercial y Control, S.L.U., Iberpubli, S.A. e Lidergal, S.L., declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado por Iberpubli, S.A. e Oferta Comercial y Control, S.L.U. con efectos do 6 de marzo de 2013 e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente a Iberpubli, S.A. e Oferta Comercial y Control, S.L.U. a se ater a esta declaración e a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, entre readmitir inmediatamente o traballador demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento e con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a de notificación desta sentenza a razón de 35,82 euros diarios, ou ben extinguir a relación laboral do demandante, con aboamento dunha indemnización de 9.474,40 euros por despedimento improcedente. Absolvo as demandadas Marketing Directo Publinor-O, S.L. e Lidergal, S.L. das peticións deducidas na súa contra.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Advírtese a Iberpubli, S.A. e Oferta Comercial y Control, S.L.U. que, en caso de non optar pola readmisión ou pola indemnización, se entende que procede a primeira.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado, o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,00 euros en concepto de depósito. Sen este requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Oferta Comercial y Control, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e tamén no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016.

A letrada da Administración de xustiza