Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18470

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección Quinta)

EDICTO (215/2015).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou a Sentenza do 12 de decembro de 2014 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 22 de marzo de 2016.

No recurso de apelación civil 215/2015, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, en xuízo ordinario 165/2014, sendo a contía do procedemento indeterminada, seguido entre partes, como apelante/demandante María del Carmen Rodríguez García, representada pola procuradora Sra. González Pereira; como apelado/demandado Antonio Rodríguez García (rebelde). É relator Julio Tasende Calvo.

Revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, no xuízo ordinario 165/2014, e estimando a demanda interposta por María del Carmen Rodríguez García contra Antonio Rodríguez García, debemos declarar e declaramos que, mediante documento privado do 16 de setembro de 1991, os outorgantes realizan a partición convencional da herdanza de Benigo Rodríguez Arias e a partición parcial da herdanza de Josefa García Calvo, respecto dos bens desta que integran a sociedade de gananciais dos causantes. Resultou adxudicado a María del Carmen Rodríguez García o 100 % da propiedade dos bens incluídos na súa parte, segundo o documento expresado, así como a liquidación da sociedade de gananciais dos causantes, e condenamos o demandado ao pagamento das custas procesuais da primeira instancia, mantendo en todo o demais a sentenza apelada, sen facer especial imposición das custas causadas no recurso.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, Antonio Rodríguez García, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza