Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de abril de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 86/2016 no expediente de reposición da legalidade IU2/31/2013, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 86/2016, interposto por Fabricados y Construcciones, S.A., contra a Resolución do 4 de febreiro de 2016 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de decembro de 2013, no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/31/2013, pola que declara ilegalizables as obras e actuacións realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, sita no lugar de Fontenla, 156, Punta de Portomouro, Soutullo, Noalla, concello de Sanxenxo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC–, se lles notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a José Touriño Camiña para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística