De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0002/2016-COP e cinco máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computara desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba que concrete os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
Vigo, 28 de abril de 2016
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PSC-PO-0002/2016-COP.
Persoa interesada: Pedro Rui da Silva Gomes.
NIF: 204226163.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Piscatorio, nº 45, Silvalde, Espinho, Portugal.
Expediente: PSC-PO-0261/2016-PPM.
Persoa interesada: Rafael Álvarez Martínez.
NIF: 39451613N.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: camiño Portela, nº 50, 1º, Redondela.
Expediente: PSC-PO-0272/2016-COP.
Persoa interesada: Marco Antonio Rodríguez González.
NIF: 78736027N.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Atranco, nº 6, baixo C, Cangas.
Expediente: PSC-PO-0298/2016-PPM.
Persoa interesada: José Ángel Sampedro Sampedro.
NIF: 53111852E.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Pazos Fontenla, nº 124, 1º C, Bueu.
Expediente: PSC-PO-0367/2016-PPM.
Persoa interesada: Eugenio Bastos Durán.
NIF: 35941931S.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Silveira, nº 4, Coruxo, Vigo.
Expediente: PSC-PO-0402/2016-PPM.
Persoa interesada: José Antonio Brea Castro.
NIF: 77400496E.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Xunca Blanca, nº 31, Sanxenxo.