Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento informático para os departamentos da Xunta de Galicia (expediente 33/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 33/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: determinar, mediante un acordo marco, as condicións homologadas que se aplicarán, durante o prazo de vixencia, aos contratos derivados para adxudicar por todos os órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus entes instrumentais, así como as entidades ou consorcios locais que se adhiran por medio do correspondente convenio, relativos á subministración de equipamento informático para os departamentos da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 7.

c) Prazo e lugar de entrega: este acordo marco estará vixente durante dous anos contados a partir da data da súa formalización.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado. O valor estimado do acordo marco é de 5.430.000,00 €, coa seguinte distribución por lotes:

Lote 1. Ordenador persoal básico (con pantalla): 2.775.000,00 € (sen IVE).

Lote 2. Ordenador persoal avanzado (con pantalla): 600.000,00 € (sen IVE).

Lote 3. Ordenador persoal para aulas (con pantalla): 765.000,00 € (sen IVE).

Lote 4. Ordenador portátil avanzado: 200.000,00 € (sen IVE).

Lote 5. Posto móbil completo: 750.000,00 € (sen IVE).

Lote 6. Portátil convertible: 140.000,00 € (sen IVE).

Lote 7. Escáner de sobremesa: 200.000,00 € (sen IVE).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26687

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 13 de xuño de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 3 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia