Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-125/2015 RE e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron acordados pola instrutora. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 14 de abril de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-125/2015 RE.

Denunciado: Laurentiu Andrei Matei.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-135/2015 RE.

Denunciado: Gheorghe Sorin Matei.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-136/2015 RE.

Denunciado: Víctor Jiménez Montoya.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-139/2015 RE.

Denunciada: Lidia Pozo Álvarez.

Acto notificado: proposta de resolución.