Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-05/2016-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouse por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida dende o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 18 de abril de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANI-OU-05/2016-V.

Interesado: Manuel González Varela.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Acto adoptado: polo instrutor do procedemento.

Expediente: ANI-OU-05/2014-V.

Interesada: Yolanda Guerra Cedeira.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola instrutora do procedemento.

Expediente: PES-OU-111/2015-V.

Interesado: José Matías Ramos.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.