Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 310/2015.

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio en que se solicita a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. número 310/2015, interposto por Aida Esther Cazas Galañena contra resolución desta secretaría do 1 de xuño de 2015, pola que se declara a inadmisión do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 29 de agosto de 2014.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración