Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a celebración dun acordo marco para o servizo de difusión de actuacións públicas específicas da Xunta de Galicia en xornais impresos para o ano 2016 (contratación documentalmente simplificada).

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar a contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: acordo marco para o servizo de difusión de actuacións públicas específicas da Xunta de Galicia en xornais impresos para o ano 2016.

b) Nº de expediente: AM-1/2016.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 29 de decembro de 2016.

d) Admisión de prorroga: non.

e) División por lotes e número: non.

f) CPV: 79341000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación: 206.700 €, máis 43.407 € en concepto de IVE, o que supón un total de 250.107 €.

Valor estimado: 206,700 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

a) Prazo de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela ou por correo, de acordo coa normativa vixente. Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario no grupo T, subgrupo 1, categoría 2 ou B ou superior.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

b) Teléfono: 981 54 12 91, fax: 981 54 12 89.

c) Correo electrónico: xestionmedios@xunta.es

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25919

e) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.

9. Apertura das ofertas: anunciarase no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre C.

10. Gastos de publicidade: o importe do anuncio relativo a esta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios