Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 34/2016).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Enrique Vicente Arcos contra Ponte Paz, S.L., rexistrado co número ETX 34/2016, se acordou notificar a parte dispositiva do decreto de data 19 de abril de 2016, ditado no procedemento a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Ponte Paz, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en situación de insolvencia total por importe de 7.012,24 euros en concepto de principal, máis outros 1.073,93 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 229,28 euros en concepto de vacacións, máis 13,19 euros en concepto de xuros do artigo 1.100 e seguintes do Código civil, máis 832,86 euros que se fixan provisionalmente, sen prexuízo de posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Inscríbase no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

e) Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto de data 23 de febreiro de 2016 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3, parte final).

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza