Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17881

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (201/2015).

Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que na peza de apelación que se dirá se ditou auto con data do 10 de marzo de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Maxistrados:

Julio Tasende Calvo

Carlos Fuentes Candelas

Ana Díaz Martínez

A Coruña, 10 de marzo de 2016.

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de execución hipotecaria núm. 171/13, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, aos cales correspondeu a peza 201/2015, en que aparece como parte apelante Banco de España de Inversiones, Salamanca y Soria, S.A., representado polo/a procurador/a Sr./Sra. Millán Iribarren, e como apelado (que non compareceu) Manuel Acera Santos, sobre nulidade de actuacións. Foi maxistrado relator Julio Tasende Calvo.

«Desestimando o recurso de apelación interposto por Banco de España de Inversiones, Salamanca y Soria, S.A. contra o auto ditado no xuízo de execución hipotecaria núm. 171/13, ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución e condenamos a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de lle notificar á parte declarada en rebeldía, Manuel Acera Santos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de marzo de 2016. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza