Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17882

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (243/2015).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente, anuncio que neste procedemento ordinario 243/2015 seguido por instancia do Banco Popular Español, S.A. contra José Luis González Filloy ditouse Sentenza o 21 de decembro de 2015 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuán Fernández en nome e representación de Banco Popular, S.A. contra José Luis González Filloy e condeno a José Luis González Filloy a pagar a Banco Popular, S.A. a suma de 1.959,13 euros máis os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) sobre a dita cantidade.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, con advertencia de que contra ela se pode interpor recurso de apelación no prazo de vinte (20) días perante este xulgado».

Ao encontrarse o dito demandado, José Luis González Filloy, falecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 7 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza