Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 18 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2011/108/36.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para os efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2011/108/36.

Interesado: José Luis Piñeiro Oubiña.

Domicilio: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 17 de marzo de 2016.

Vigo, 18 de abril de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo