De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.
A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
Nº de expediente: 2011/289-5
Interesada: Elisa Caetano
Domicilio: descoñecido.
Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 29 de febreiro de 2016.
Vigo, 18 de abril de 2016
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo