Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17776

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria do posto de condutor de vehículos municipais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 70, do 28 de marzo de 2016, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso ao posto de condutor de vehículos municipais, de carácter laboral interino, posto 711 da RPT municipal.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 1 de abril de 2016

Fernando Suárez Barcia
Alcalde