Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de iniciativa privada (Mercadona, S.A.).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de abril de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de iniciativa privada (Mercadona, S.A.) elaborado en novembro de 2015 polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro nas parcelas 65, 66, 67 e 68 do parque empresarial de Xinzo de Limia para definir as aliñacións e rasantes e a nova reordenación dos volumes proposta, aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno Local do 29 de febreiro de 2016 e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia; queda extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicarlle á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares deste con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Sexto. Notificarlles este acordo aos servizos técnicos municipais e ao concelleiro de Urbanismo para os efectos do seu coñecemento».

Recursos. Contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer de xeito potestativo o recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da interposición, o órgano competente para resolvelo non dita e notifica resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de xeito expreso o recurso de reposición, contados a partir do día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local; artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselle tamén que poderá utilizar calquera outro recurso que xulgue pertinente, así como exercer as accións que procedan perante a xurisdición competente.

Xinzo de Limia, 29 de abril de 2016

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde