Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares para a realización dos concertos na Praza Maior nas festas de Ourense 2016.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2016008329 (ref. 2406).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de video e elementos auxiliares para a realización dos concertos na Praza Maior nas festas de Ourense 2016.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: comezará coa sinatura do contrato e finalizará o 4 de xullo de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 51313000-9, 71318100-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 24.793,39 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 24.793,39 euros. IVE: 5.206,61 euros. Importe total: 30.000,00 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 27 de abril de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde