Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (174/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 174/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vázquez Carpente contra Fondo de Garantía Salarial e Restauraciones Carballo, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Manuel Vázquez Carpente contra a entidade Restauraciones Carballo, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que José Manuel Vázquez Carpente foi obxecto con data do 13 de xaneiro de 2016, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (13 de abril de 2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Restauraciones Carballo, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 782,54 €, sen que proceda o aboamento de salarios de tramitación ao encontrarse en situación de incapacidade temporal o demandante entre o 13 de xaneiro de 2016 e o 13 de abril de 2016.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de extinción de relación laboral foi interposta por José Manuel Vázquez Carpente contra a entidade Restauraciones Carballo, S.L. e, en consecuencia, debo absolvela das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Vázquez Carpente contra a entidade Restauraciones Carballo, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Restauraciones Carballo, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.069,36 euros brutos polos salarios devindicados durante a súa relación laboral (do 21 de outubro de 2015 ao 13 de xaneiro de 2016), así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas nos anos 2015 e 2016, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza deste xulgado. Pilar Carreira Vidal».

Para que sirva de notificación en legal forma a Restauraciones Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza