Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1106/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1106/2012, por instancia de Juan Jaime Grela Pena contra a empresa Metálicas Soutelo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 4 de abril de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Juan Jaime Grela Pena contra a entidade Metálicas Soutelo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Metálicas Soutelo, S.L. a aboar ao demandante, Juan Jaime Grela Pena, a cantidade de catro mil seiscentos vinte e catro euros con oitenta e seis céntimos (4.624,86 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Metálicas Soutelo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de abril de 2016

A secretaria xudicial