Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións ditadas nas reclamacións de responsabilidade patrimonial devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RP/12/00493 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas nas reclamacións de responsabilidade patrimonial, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no complexo administrativo San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición, ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.

Reclamante: José Javier Hermida Vales; expediente: RP/12/00493; tipo de resolución: desestimatoria.

Interesada: UTE Covi Coruña Sur; expediente: RP/12/00633; tipo de resolución: desestimatoria.

Reclamante: Modesto Guisande Domínguez; expediente: RP/13/00106; tipo de resolución: desestimatoria.

Interesada: UTE CRC Obras y Servicios, S.L. - Const. Ramón Vázquez y Reino, S.L.; expediente: RP/14/00343; tipo de resolución: desestimatoria.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda