De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, notifícanselle á entidade relacionada no anexo as resolucións dos procedementos de perda do dereito ao cobramento e de procedemento de reintegro da subvención concedida.
Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro dos acordos e a constancia de tal coñecemento no prazo dun mes.
As resolucións que se notifican esgotan a vía administrativa. Os interesados poderán interpor contra elas recursos contencioso-administrativos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderán interpor recursos de reposición, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes. A eficacia dos actos administrativos queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego
ANEXO
1. Entidade: Azetanet, S.L.
Enderezo: praza de Recife, 5, 3º A, 15004 A Coruña.
Nº de expediente: AFD 2013/000015-0.
Curso: 1986.
Acto que se notifica: resolución de perda do dereito ao cobramento e de reintegro parcial.
Data do acto: 31 de marzo de 2016.
Preceptos incumpridos: artigos 25.7, 28.I.1.C.a), 28.I.1.E, 28.IV da citada Orde do 31 de decembro de 2012, e o artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade sobre a cal se acorda a perda do dereito ao cobramento: 13.573,54 €.
Cantidade para reintegrar: 4.985,84 €.
2. Entidade: Azetanet, S.L.
Enderezo: praza de Recife, 5, 3º A, 15004 A Coruña.
Nº de expediente: AFD 2013/000015-0.
Curso: 1989.
Acto que se notifica: resolución de perda do dereito ao cobramento e de reintegro parcial.
Data do acto: 31 de marzo de 2016.
Preceptos incumpridos: artigos 25.7, 28.I.1.C.a), 28.I.1.E, 28.IV da citada Orde do 31 de decembro de 2012, e o artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade sobre a cal se acorda a perda do dereito ao cobramento: 27.428,08 €.
Cantidade para reintegrar: 4.771,08 €.