Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente DT-001/16.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Alcalde Hevia, 17, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 18 de abril de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: DT-001/16.

Nome: María Purificación Alonso Costas.

Enderezo: rúa Teixugueiras, 17, portal 4, 2º H. Vigo.

Acto notificado: apertura do período de proba.