Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha explotación de gando caprino no lugar de Vilasibil, concello de Folgoso do Courel (Lugo), promovido por Eva García Fernández (clave 2015/0183).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 4 de abril de 2016 relativo ao proxecto dunha explotación de gando caprino, sito no lugar de Vilasibil, no concello de Folgoso do Caurel (Lugo), promovido por Eva García Fernández.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental