Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre un centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil no concello de Begonte (Lugo), promovido por Jesús Barreiro Campo (clave 2015/0234).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 5 de abril de 2016 sobre un centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil no concello de Begonte (Lugo), promovido por Jesús Barreiro Campo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental