Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a declaración de deserto do expediente para a contratación do servizo de mantemento integral no Hospital de Verín e de apoio técnico-legal ao mantemento de varias instalacións no Hospital Comarcal de Valdeorras.

Mediante Resolución da xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, do 6 de abril de 2016, acordouse a declaración de deserta na licitación do servizo arriba sinalado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea do 16 de febreiro de 2016, no Boletín Oficial del Estado do 1 de marzo de 2016 e no Diario Oficial de Galicia do 25 de febreiro de 2016, por falta de licitadores, ao no presentarse ningunha oferta.

Ourense, 7 de abril de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras