Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada (expediente 7/2015/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

«Servizos para a vixilancia xeral e control presencial dos accesos nas instalacións portuarias dos portos dependentes de Portos de Galicia suxeitas á aplicación do Código internacional para a protección dos buques e das instalacións portuarias (código PBIP), do Regulamento (CE) 725/2004 e do Real decreto 1617/2007».

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 7/2015/CNTSE

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23578

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: este contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no número 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea do 4 de novembro de 2015; Boletín Oficial del Estado do 4 de novembro e Diario Oficial de Galicia do 6 de novembro.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.364.220,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 826.800,00 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 173.628,00 euros. Importe total: 1.000.428,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2016.

c) Contratista: Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 826.800,00 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 173.628,00 euros. Importe total: 1.000.428,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa. Prezo unitario da hora dun vixilante de seguridade sen armas: 14,85 euros, IVE excluído.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia