Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para o alugamento de maquinaria pesada con condutor (expediente 14/16).

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 14.4.2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 14/16).

2. Obxecto do contrato: alugamento de maquinaria pesada con condutor.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 250.000 € (206.611,57 € máis 43.388,43 € en concepto de IVE), polo prazo dun (1) ano.

5. Prezos unitarios: 42,35 €/hora (35 €/hora máis 7,35 € en concepto de IVE).

6. Garantías: 5 % do orzamento de licitación (excluido o IVE).

7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de abril de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa